Skip to main content
Paradela

Máis de 400 persoas participaron da Festa dos Avós de Paradela

Por 9 Outubro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O Concello de Paradela valora moi positivamente a festa celebrada esta fin de semana no municipio na honra dos máis maiores de Paradela a través da XXVIII edición da Festa dos Avós.

Así, durante o día, máis de 400 persoas se congregaron no mercado municipal para desfrutar dunha comida conxunta, na que tamén participaron familiares, membros da corporación municipal e incluso nenos.

Ademais da comida, houbo misa, agasallos repartidos polo alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e a actuación musical da Banda Municipal de Paradela, que amenizou a xornada.