Skip to main content
Paradela

Unha charla sobre alimentación e hábitos saudables terá lugar en Triacastela

Por 12 Outubro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O Concello de Triacastela acolle unha charla gratuíta o vindeiro 18 de outubro na que dous expertos en alimentación e hábitos saudables darán unha charla para as persoas interesadas.

Así, ás 20.00 horas comezará o evento, no que Iván Fernández, licenciado en Ciencias da Actividade Físca e do Deporte e formado en nutrición e PNL; así como Alfonso García, farmacéutico e experto en psiconeuroinmunoloxía clínica, serán os relatores da actividade.

Concretamente, será o local social Fonte do lunar o lugar escollido para desenvolver a charla, na que poderán participar todos os veciños e veciñas de Paradela.