Skip to main content
Paradela

Os participantes na II Carreira Popular Paradela “foron un exemplo a seguir de superación e constancia”

Por 30 Outubro, 2023Outubro 31st, 2023Sin comentarios

A II Carreira Popular Paradela congregou persoas participantes de todas as idades, desde o máis novo ata o máis veterano, que “foron todo un exemplo a seguir de superación e constancia, proba do interese e do entusiasmo dos corredores de todas as idedes en esta festiva e deportiva xornada”, sostiveron desde o Concello de Paradela.

Por iso, desde o goberno local quixeron agradecer a todas as persoas participantes a “súa aportación nesta xornada deportiva e pasada por auga”, xa que a pesar do mal tempo, foron decenas de persoas as que participaron.

A II Carreira Popular de Paradela desenvolveuse no marco do IX Circuíto Miño Ulloa de Carreiras Populares, unha iniciativa Turístico-Deportiva consistente nun circuíto de carreiras con criterios de homoxeneidade co obxectivo de fidelizar un mesmo tipo de público e de estimular sobre todo a participación, á parte da propia competición.