Skip to main content
Samos

O alumnado do Ceip Samos visitou o Museo Comarcal da Fonsagrada na súa primeira excursión do curso

O alumnado do Ceip Samos, coa colaboración da Anpa do colexio e dentro do programa ‘Da granxa á escola’, fixo a súa primeira excursión do curso, achegándose ata A Fonsagrada, onde visitaron o Museo Comarcal.

Nel, puideron ver diversas seccións do museo, entre as que se atopaba a de etnografía, na que hai unha parte dedicada aos oficios rurais, outra á labranza, ao monte, á escola, á relixiosidade e á emigración onde se recollen os recordos da estancia en Buenos Aires e A Habana dun emigrante da zona.

Ademais, pola tarde, tamén visitaron “el país del abeyeiro”, onde Alberto explicoulles unha chea de cousas sobre as abellas e o proceso de formación do mel que tanto lles gusta.