Skip to main content
Sarria

Xacobeo Rutas organiza unha un percorrido pola Ribeira Sacra o vindeiro 15 de outubro

Por 10 Outubro, 2023Sin comentarios

O colectivo sarriao Xacobeo Rutas organiza unha nova actividade para o vindeiro 15 de outubro. Nesta iniciativa, as persoas que queiran participar poderán gozar dunha ruta polo Canón do río Mao e pasarelas, así como visitar dous dos miradoiros da Ribeira Sacra

A cita comeza ás 7.00 horas cunha saída desde Lugo ou as 7.30 para aqueles que saían desde Sarria. Pola mañá, os asistentes gozarán da ruta polo canón do río Mao, un percorrido de 12 quilómetros e de dificultade media. Toda a andaina será polo canón, pasando primeiro pola canle nova e vella do río, pola necrópole de San Vítor, a Fábrica da Luz, polas pasarelas por Barxacova ata a adega Valcar.

Despois de contemplar esta fermosa paisaxe, organízase o xantar en Parada de Sil. Xa pola tarde, visitarán os miradoiros do Castro e Castro da Cividade que ofrecen unhas vistas impresionantes sobre o Canón do Sil.

As persoas que queiran apuntarse poderán facelo ata o 12 de outubro e terán que pagar 43 euros se non son socios, e 40 euros se o son; incluíndo desprazamento, comida e seguros. As reservas para a actividade, na que colabora a Deputación de Lugo, pódense facer a través do teléfono 609 027 518.