Skip to main content
Sarria

Sarria acolleu unha xornada de presentación do programa ‘Ruraltivity’ de Fademur

Por 11 Outubro, 2023Outubro 12th, 2023Sin comentarios

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR) realizou unha xornada de presentación do programa estatal ‘Ruraltivity’ en Sarria, dirixido a todas aquelas persoas emprendedoras da zona que estean interesadas en emprender un proxecto de negocio ou que xa se atopen en pleno proceso de desenvolvemento del mesmo no ámbito rural.

Esta lanzadeira de emprendedores rurais é un programa financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, así como tamén pola Fundación PepsiCo, que de maneira conxunta impulsan iniciativas de autoemprego, promovendo especialmente eo emprendemento feminino.

A Responsable Técnica del programa en Galicia, Tania Blanco, foi a encargada dunha presentación na que se proporcionou información tanto do labor de Fademur como dos obxectivos deste programa destinado a fomentar o autoemprego e o emprendemento, enfocado principalmente ás mulleres do ámbito rural que se atopan con máis obstáculos no momento de emprender un negocio, impulsando ademais a dixitalización dos negocios e implementando competencias sobre novas tecnoloxías.