Skip to main content
Sarria

Volve o Club de Lectura de Sarria e as persoas interesadas xa poden inscribirse

Por 14 Outubro, 2023Outubro 15th, 2023Sin comentarios

Volve a poñerse en marcha o Club de Lectura de Sarria da man do concelleiro de Acción Cultural, César No, quen anima a todas as persoas interesadas a participar nesta nova edición, xa que o ano pasado só se apuntaron 10 adultos.

Así, poderán participar todas as persoas interesadas, adultos e adolescentes, nunha iniciativa na que cada quince días se tratarán temas como a lectura e diversos valores e temáticas que se abordarán na lectura das diferentes obras.

A biblioteca Camilo Gonsar de Sarria será o punto de encontro das persoas que participen do Club de Lectura a partir de finais de outubro, data que se establece co fin de deixar tempo ás persoas interesadas para apuntarse, co seu nome e apelidos e a súa idade, enviando un correo ao enderezo cultura@sarria.gal.

A intención é que se apunten cantas máis persoas, mellor, co fin de crear dous grupos, un de adultos e outro de adolescentes, persoas coas que se poderán facer, ademais, actividades complemetarias, como a presenza de autores para vir a falar de obras, proxectar filmes relacionados coas obras e algunha saída como rutas literarias.