Skip to main content
Sarria

A escudería Sarria Motor presentou parte dos 17 equipos que van participar do Rally San Froilán

Por 16 Outubro, 2023Outubro 17th, 2023Sin comentarios

Sarria acolleu a presentación de gran parte dos 17 equipos da escudería Sarria Motor que figuran na relación de inscritos na 45ª edición Rally San Froilán deste ano, que contará con 125 equipos inscritos e máis de medio cento pilotos das comarcas de Lugo.

Así, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e o concelleiro de Deportes, Félix Seijas, participaron desta presentación, destacando que o vindeiro 21 de outubro a rúa da Liberdade será o escenario deste evento entre as 16.00 e as 21.30 horas.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, deputado de Deportes e portavoz do BNG de Sarria, Efrén Castro, remarcou que “recibiremos os mellores pilotos de Galicia, que pelexan polos primeiros postos do Campionato Galego de Rally”.