Skip to main content
Sarria

O Concello de Sarria amplía o horario da biblioteca, que estará operativa de luns a venres ata ás 20.30 horas

Por 16 Outubro, 2023Sin comentarios

A Concellaría de Acción Cultural, que dirixe César No, comunica que a partir deste luns 16 de outubro ampliarase en 90 minutos o horario de apertura da biblioteca municipal.

Este novo horario do servizo aplicarase de luns a venres, agás os días festivos. Deste xeito, a biblioteca, que pechaba ás 19.00 horas, pasará a estar operativa ata ás 20.30 horas.