Skip to main content
Sarria

Hipócrita teatro interpretará a súa obra ‘Arte’ este domingo en Sarria

Por 21 Outubro, 2023Outubro 22nd, 2023Sin comentarios

No marco de Circuíto de teatro afeccionado 2023, este domingo ás 20.00 horas a Casa da Cultura de Sarria acollerá a representación teatral ‘Arte’ do grupo Hipócrita Teatro.

Nesta traxicomedia representarase a polémica entre dúas persoas conviventes, Teo e Carlos, que ven de forma diferente unha obra de arte contemporánea. É unha obra construída con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, son quen de transmitirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos.

Esta iniciativa, que é para público maior de 12 anos, ten a colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Concello de Sarria e o grupo de teatro Rebuldeira de Sarria.