Skip to main content
Sarria

A primeira actividade da anpa do Frei Luis de Granada de Sarria “foi unha experiencia de 10”

Desde a Asociación de Nais e Pais do Frei Luis de Granada de Sarria sosteñen que a festa de comezo de curso organizada na tarde de onte foi “unha experiencia de 10” e “unha tarde en familia”, a pesar de non poder celebrarse a II Carreira contra a Leucemia por mor do tempo.

As actividades que se desenvolveron consistiron nunha merenda compartida para profesionais, familias e nenos, e tamén a proxección do planetario ‘Navegando polo universo’, de Íñigo de la Quadra-Salcedo, unha iniciativa que tivo moito éxito.

Con esta actividade dáse por comezada a actividade da Anpa do Frei Luis de Granada, entidade desde a cal animan a todas as familias a participar das actividades para mellorar a relación neno-escola durante o curso.