Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

A Asociación Meigas e Trasgos organizan o seu magosto, no que actuarán os seus gaiteiros

Por 26 Outubro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

A Asociación Meigas e Trasgos de Sarria organiza unha actividade para todos os veciños e veciñas de Sarria con motivo da festividade do magosto o vindeiro 4 de novembro.

Así, o seu local social acollerá este encontro entre amizades e concidadáns sarriaos que lles interese participar dun momento compartido para festexar o outono e o inicio de novembro.

As persoas que participen poderán degustar iscos e chourizos de balde, pero sobre todo o prato estrela serán as castañas, que se asarán nunha lareira para comer cos demais nunha xornada festiva na que actuarán, tamén, os gaiteiros da asociación.