Skip to main content
Sarria

Kalte Sonne acompañará a dúas bandas de Francia no concerto deste noite no Buril

Por 29 Outubro, 2023Outubro 30th, 2023Sin comentarios

Esta tarde de domingo, o Buril acollerá o concerto de Stone From the Sky + Could seed, que veñen desde Francia, dúas das bandas máis míticas do post rock.

“Son tan bos, que os lugueses, Kalte sonne, uníronse á festa a última hora pola tremenda ilusión que lles fai compartir escenario con eles”, explican desde o Buril.

Kalte Sonne son un trío lugués composto por Miguel (baixo), Víctor (batería) e Mufi (guitarra) que xorde en 2013, con Miguel, Víctor e Javi Miranda e despois incorporouse Ángel, que coincidira anteriormente noutras bandas con Miguel e Víctor. En 2014 Javi deixou a banda e incorporouse Hadrián. E tras a retirada deste, quedou configurada a actual formación de power trío.