Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

Chegan a Sarria unhas novas xornadas do programa ‘Convivindo en igualdade’ da anpa do Frei Luis de Granada

Por 31 Outubro, 2023Novembro 1st, 2023Sin comentarios

A anpa do Frei Luis de Granada organiza as segundas xornadas de igualdade baixo o nome de ‘Cochaching educativo e asesoramento en puntos violeta’ dentro do programa ‘Connvivindo en igualdade’, que xa desenvolveu as súas primeiras xornadas a princpios de outubro.

Así, da man de Raquel Hermida, a comunidade educativa e deportiva de Sarria poderán participar nunhas xornadas sobre igualdade os días 2, 3 e 6 de novembro ás que xa se poden apuntar, xa que hai prazas para 20 persoas.

O horario será de 10.00 a 13.00 horas e os contidos serán a igualdade e a comunicación, motivación e automotivación e atención, xestión emocional e liderado.

Xornadas infantís

Por outra banda, tamén organizan unhas xornadas de igualdade e lecer infantil para nenos e nenas de infantil e primaria na Casa da Cultura de Sarria o vindeiro 3 de novembro, de 17.30 a 19.30 horas.

Este evento, aberto a todas as persoas interesadas, contará cun contacontos ‘Coas unllas de cores’ e cun taller ‘Píntome a cara con papá’, que contarán coa guía de Nerea Brey.