Skip to main content
Triacastela

O Samaín chega ao Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela con diversas actividades

Por 26 Outubro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

O Ceip Eduardo Cela Vila comezou as actividades de Samaín para o alumnado cun obradoiro de desfraces que se desenvolveu desde este mércores e no que participaron varios nenos e nenas do colexio e que seguirá este xoves.

O venres, pola súa parte, terá lugar o concurso de desfraces caseiros e terroríficos e desenvolverase tamén o Club de lectura do Oribio de 15.45 a 17.00 horas, pero cun tono aterrador.

Xa o luns, 30 de outubro, terá lugar no colexio un concurso de cabazas e, para finalizar o Samaín, o 31 terá lugar o magosto no Ceip de Samos desde as 10.00 ás 16.15 horas e, despois, será a procesión da Santa Compaña, de 16.30 a 18.00 horas.