Skip to main content
Begonte

Organizan en Begonte un encontro educativo sobre as tarefas escolares

Por 26 Outubro, 2023Sin comentarios

O próximo venres, ás 19.00 horas, terá lugar na casa da cultura de Begonte un encontro sobre educación dirixido a nais, pais, docentes e a toda a cidadanía en xeral e no que se falará sobre os deberes escolares.

Participarán na seión Antonio Valle Arias, catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade da Coruña e coordinador do Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED); Susana Rodríguez Martínez, profesora titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade da Coruña, e Isabel Piñeiro Aguín, profesora contratada e doutora de Psicoloxía Evolutiva na mesma universidade.

Antonio Valle, que ademais é veciño de Begonte, explicará os motivos que levaron ao grupo de investigación a traballar sobre os deberes escolares e os logros conseguidos polo grupo. Isabel Piñeiro vai centrarse en presentar o Método de Implementación de Tarefas para a Casa (MITCA), unha ferramenta deseñada polo grupo de investigación para prescribir deberes escolares de calidade e Susana Rodríguez vai expoñer os principais resultados obtidos despois da implementación do método MITCA e os beneficios que provocou nos alumnos/as participantes.