Skip to main content
Begonte

O Concello de Begonte pon en marcha un curso de baile tradicional galego

Por 29 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Begonte porá en marcha no mes de novembro un curso de baile tradicional galego para o que xa está aberto o prazo de inscrición.

O curso impartirase de novembro a maio, de 20.15 a 21.15 horas e terá un prezo de 30 euros por mes.

As persoas interesadas podrán anotarse no edificio do Concello ou no teléfono 982 396 143.