Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Comezan obras de rexeneración de vías en varias parroquias de Castro de Rei

Por 19 Outubro, 2023Outubro 20th, 2023Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei está a executar traballos de rexeneración de vías municipais con cargo ao plan de mellora de camiños da Xunta de Galicia e Plan Único da Deputación de Lugo, cofinanciadas tamén polo concello, por importe de 262.000 euros.

A primeira das actuacións que se financia con cargo ao plan de mellora de camiños da Xunta, con un importe de 102.825 euros, destínase á rexeneración de varias vías municipais nas parroquias de Loentia, Santa Locaia, e San Xiao de Mos. Conta cun prazo de execución de 2 meses.

A segunda das actuacións que se financia con cargo ó Plan Único da Deputación, cun importe de 159.929 euros, cofinanciada tamén polo Concello, destinarase á rexeneración de varias vías municipais nas parroquias de Santa Locaia, Quintela, San Martiño de Goberno, Bazar, Dumpín e San Xiao de Mos, contando cun prazo de execución de dous meses.

Dende o Concello como é habitual, destacan “a necesidade de poder contar con estas axudas para poder manter en boas condicións a rede viaria municipal, xa que se trata dun concello no que por razón da forte implantación que ten o sector agrícola e gandeiro, as vías están expostas a unhas condicións de deterioro constante, polo que esixen un mantemento moito máis exhaustivo”.