Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Amigos da Feira de Castro de Rei celebra o domingo a súa tradicional Xornada Micolóxica

Por 19 Outubro, 2023Sin comentarios

O domingo 22 de outubro a partir das 9.30 horas, haberá unha xornada micolóxica en Castro de Rei organizada polo colectivo Amigos da Feira, que este ano terá un formato máis reducido.

O programa abrirase cunha saída para a recollida de setas desde o Teleclub de Castro de Rei para rematar, ás 14.30 horas cun xantar tamén no TEleclub.

O menú consistirá en empanadas e paella con setas e o seu prezo por persoa determinarase no propio evento.

A organziación recomenda levar roupa e calzado cómodo e deportivo para a xornada.

Esta actividade require de inscrición previa. Hoxe é o último día para anotarse e pode facerse en diferentes establecementos comerciais (Supermercado Claudio Grueira, Germán Naval Lage e Librería Maduca), enviando un WhatsApp ao número da asociación (624 09 92 75) ou chamando ao 697 82 47 97 (Héctor) ou ao 697 28 72 66 (Adrián).