Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A Feira da Galiña de Mos regresará este domingo

Por 28 Outubro, 2023Outubro 29th, 2023Sin comentarios

Este domingo volverá celebrarse a Feira da Galiña de Mos, na parroquia de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, na que os criadores desta afamada galiña porán en valor os seus exemplares.

A feira, que chega a súa duodécima edición, abrirá ás 10.30 horas coa exposición de exemplares da raza Galiña de Mos e que participarán na IX edición do Concurso desta raza, con premios para as mellores. Con esta abre tamén unha feira de artesanía.

Xa ás 13.30 será a degustación, co reparto de racións a un prezo de 12 euros e que consistirán en empanada, galiña guisada con ovos fritos, pan e queixo con bebida engadida.

Previsiblemente, serviranse arredor de 800 racións como anos anteriores, e os tíckets poderanse adquirir nun posto colocado pola organización e estarán á venda dende dous días antes por parte da organización ou o mesmo día da feira.

No apartado musical, destaca a actuación de José Amido de Roás ás 16.00, e para completar a xornada haberá xogos populares coa asociación Cadaval desde as 15.30 horas.

Ademais, volve sumarse á celebración unha exposición de vehículos clásicos que farán unha ruta dende Castro Ribeiras de Lea ata San Xiao de Mos, pasando por Castro de Viladonga.

A inscrición para participar terá lugar a partir das 9.30 horas na caseta do polbo de Castro Ribeiras de Lea. A comitiva sairá ás 11.00 horas.