Skip to main content
Cospeito

A comisión de festas de Muimenta investirá o sobrante do orzamento en dúas obras e unha sesión de cantos de taberna

Por 16 Outubro, 2023Sin comentarios

A comisión das festas de Muimenta 2023 informou á veciñanza que obtiveron un balance positivo nas contas desta celebración polo que cos cartos sobrantes do recaudado para as patronais deste anos, invertirán noutras celebracións.

Así, comezará coa organización duns Cantos de Taberna, que terán lugar o vindeiro, sábado 4 de novembro. Nos vindeiros días a comisión informará de como se van a levar a cabo, horarios e participantes.

Ademais, colaborarán coa actual directiva da Asociación Cultural e Veciñal Aquilino Iglesia Alvariño para a remodelación do tellado do Caseto do Río. O colectivo presentou un orzamento para a súa reparación, e a comisión decidiu aceptalo e asumir o custe compreto do mesmo. O obxectivo é comezar nos vindeiros días coas obras de reparación e conservación do mesmo.

Por último e seguindo a idea orixinal da comisión, procederase á restauración de dúas das imaxes relixiosas que alberga a parroquia. Para iso, iniciaron os contactos co propio párroco de Muimenta e cunha restauradora. Nesta semana, aceptarán o orzamento, e nos vindeiros días, iniciarase o proceso de redacción de memoria e solicitude dos correspondentes permisos a presentar ante Patrimonio, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o propio Bispado de Mondoñedo-Ferrol.

Debido a estas decisión, a comisión retrasará a presentación das contas á veciñanza, para poder incluír os tres proxectos no resumo de actividades.