Skip to main content
Cospeito

Chega o magosto Cal da Loba de San Martiño de Pino este sábado

Por 26 Outubro, 2023Sin comentarios

A Asociación Recreativa Cultural de San Martiño de Pino volverá a celebrar este ano o Magosto Cal da Loba, que será este sábado, día 28, na súa terceira edición.

Este magosto contará cun amplo programa de actividades que se iniciarán ás 10.30 horas e que comezarán cunha andaina dende a escola do Mato ata o castelo de Caldaloba coa vestimenta de época. Os participantes recibirán o título honorífico Constanza de Caldaloba. Esta distinción tamén será entregada á escritora Helana Villar Janeiro.

Ao finalizar, tralo saúdo dos organizadores encargase da lectura do pregón, á artista Luz Darriba. A continuación, terá lugar a entrega de premios do Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba e do Certame de Caligramas Constanza de Castro, ambos foron convocados en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es co fin de reivindicar a relevancia histórica e cultural da Torre.

Suso Pena Regueiro será o encargado de facer unha introdución sobre a historia e os últimos achados do castelo e a parroquia e dará paso ao recital poético no que participará a preogeira, así como Helena Villar e Xesús Rábade Paredes.

Rematarán a mañá con música tradicional a cargo do cuarteto Seimeira.

Este ano haberá xantar medieval, con cocido de época que consistirá en callos, carne asada con patacas fritas e torta de queixo, bebidas e café. Non faltarán os xogos infantís da busca do tesouro. O xantar xunto co magosto ten un prezo de 25 euros para socios e 30 para non socios, a metade para os menores de 12 anos e de balde para os menores de 7. Só o magosto ten un prezo de 5 euros.