Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Muimenta acolle unha formación sobre envellecemento activo e autocoidado

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

O local social do centro médico de Muimenta acolle unha formación gratuíta sobre envellecemento activo e autocoidado. A proposta terá lugar o vindeiro venres 10 de novembro de 16.00 a 19.00 horas.

A actividade será impartida polos profesionais de Afalu, que achegarán a rutina de exercicios, os hábitos e técnicas e as pautas de autocoidado.

Os interesados xa poden realizar a súa inscrición na mercería Teresa ata o vindeiro martes 9 de novembro.