Skip to main content
Guitiriz

Abre un novo prazo de matrícula para as vacantes nas escolas deportivas de Guitiriz

Por 7 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz  abre hoxe e ata o próximo venres, 13 de outubro, o prazo para solicitar algunha das prazas vacantes nas diferentes disciplinas das Escolas Deportivas Municipais.

As actividades nas que hai vacantes son pilates gGrupo 6 (luns e mércores de 11:30 a 12:00 horas): 3 prazas; zumba Infantil: 2 prazas; patinaxe grupo Parga: 3 prazas; ximnasia adultos Guitiriz: grupo 1: 1 praza, en en cinco grupos de pádel (15 prazas).

A matrícula poderá formalizarse de xeito presencial na casa consistorial, en horario de 8:30 a 14:30 horas con cita previa ou a través da sede electrónica municipal.

As prazas cubriranse por estrita orde de inscrición e non se poderá inscribir unha mesma persoa na mesma actividade en dous grupos diferentes. O prezo das actividades será de 15 euros ao mes por alumno/a e actividade e o prezo da matrícula de 10 euros, que se aboará unha vez que a persoa estea admitida na actividade solicitada.

O Concello de Guitiriz aplicará descontos na matrícula nos seguintes supostos: 20% aos membros de familias numerosas, 20% na segunda actividade por estar matriculado en dúas ou máis e, por último, para familias con poucos recursos (consultar en Servizos Sociais do Concello).