Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz abre un novo prazo para inscribirse no obradoiro de cerámica

Por 26 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abriu un segundo prazo de matrícula do obradoiro de cerámica que se impartirá desde o mes de novembro no soto da Casa Habanera.

A inscrición estará aberta ata o 27 de outubro e pode formalizarse a través da sede electrónica municipal ou de xeito presencial no Rexistro. As prazas son limitadas, con preferencia para as persoas empadroadas en Guitiriz. O prezo é de 23 euros ao mes e estipulouse que o pago dos recibos sexa trimestral.

Neste curso hai clases os luns, con quenda de mañá (de 11 a 12.30 horas) e de tarde (de 18 a 19:30 horas), e os mércores (só de tarde de 16 a 17:30 horas).