Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz celebra o Samaín con obradoiros o día 31

Por 27 Outubro, 2023Outubro 28th, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz celebra o Samaín desenvolvendo obradoiros terroríficos de maquillaxe e manualidades, unha actividade destinada ao público infantil, para nenas e nenos a partir de 5 anos, que terá lugar o 31 de outubro na Casa Habanera.

Os talleres celebraranse de 16:30 a 19 horas e as prazas para participar son limitadas polo que se asignarán por rigorosa orde de inscrición. O prazo para anotarse xa está aberto e remata o mesmo 31 de outubro ás 13 horas. A inscrición pode formalizarse por teléfono no 982 370 109 ou de xeito presencial na casa do concello.