Skip to main content
Guitiriz

O Pleno de Guitiriz aproba a bonificación de do ICIO en cinco proxectos de utilidade pública

Por 30 Outubro, 2023Sin comentarios

Bonifícanse a construción dunha corte de cría e esterqueiro cuberto; a instalación de ascensor no CEIP Lagostelle; ampliación de explotación de vacún de leite; construción de corte, fosa de zurro e soleira; e construción dunha corte.

O Concello de Guitiriz aprobou hoxe, luns 30 de outubro, nun pleno extraordinario, por unanimidade, a aplicación da bonificación do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) en cinco proxectos de interese especial ou utilidade pública municipal.

Así, puideron beneficiarse desta bonificación: a construción dunha corte de cría e dun esterqueiro cuberto no lugar do Cibreiro (Os Vilares); a instalación dun ascensor no CEIP Lagostelle; a ampliación dunha explotación de vacún de leite e da zona de muxido no lugar da Paderna (Labrada); a construción de corte, fosa de zurro e soleira no lugar da Porta dos Galanos (Pígara) e a construción dunha corte de gando vacún no lugar do Castro (Labrada).

O goberno local favorece así a execución destes cinco proxectos que xerarán empregos, potenciarán o sector primario ou serán de utilidade municipal. Este foi o obxectivo co que, no ano 2020, se modificara o ICIO, ampliando os supostos de bonificación co obxectivo de impulsar o sector primario e fomentar o emprego.