Skip to main content
Meira

O cine regresa a Meira este sábado coa última proxección

Por 11 Outubro, 2023Sin comentarios

Os habituais mércores de Cine en Meira, organizada pola Academia Galega do Audiovisual e máis a Deputación de Lugo, retoman as proxeccións logo da paréntese coa proxección do último dos films, O corpo aberto, película dirixida por Ángeles Huerta.

1909. Miguel, un novo profesor, é destinado a un pequeno pobo de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño do pobo libera a un espírito libre en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e os mortos.

A proxección terá lugar este sábado, 14 de outubro, ás 22.00 horas con entrada de balde na casa da cultura.