Skip to main content
Meira

Meira organiza unha visita guiada pola vila este sábado

Por 27 Outubro, 2023Sin comentarios

Este sábado farase unha Visita Guiada nos cemiterios de San Roque e da Salgueira con Miguel Asorey (cura de Meira) e Bernardo Penabade (profesor do IES Perdouro de Burela) e posteriormente a visita continuará pola vila de Meira.

O inicio da actividade será ás 16:00 horas en San Roque diante do cemiterio. Esta visita vai ligada á exposición Os Adeuses Eternos. Memoria e Palabra, situada na igrexa de Meira dende xullo, na que se honra a memoria dos que xa non están e as palabras que se lles dedican e figuran nas lápidas quedando para a posteridade, están en galego.

Ao mesmo tempo, explícase a evolución da historia da vila de Meira e coincidindo coa fin de semana previa ao Samaín, Tódolos Santos e Defuntos aproveitarase a visita para falar da evolución dos ritos funenarios vendo onde se sitúan algunhas mámoas coma a da Medorra da Pedreira dos Charitos. O desprazamento farase en coches particulares. Cómpre inscrición na oficina de turismo de Meira, no 618 679 632.