Skip to main content
Meira

O colexio de Meira celebra o Samaín cun obradoiro e unha chocolatada

Por 29 Outubro, 2023Sin comentarios

A anpa do CEIP Poeta Avelino Díaz de Meira celebrará a festa do Samaín con dúas actividades o luns e o martes.

Así, o primeiro día está previsto un taller para crear adornos terroríficos que terá lugar ás 16.00 horas na casa da cultura da localidade. Ao día seguinte, á mesma hora haberá unha sesión para decorar o pobo.

E para rematar este traballo, no anoitecer do martes haberá chocolate con churros para todos.