Skip to main content
Muras

Muras celebra o venres unha festa de Samaín

Por 25 Outubro, 2023Sin comentarios

A localidade de Muras celebra este venres, 27 de outubro, unha festa de Samaín dirixida a toda a veciñanza, especialmente aos máis pequenos.

A sesión terá lugar no local social da localidade a partir das 18.00 horas.

Organizada polo Concello de Muras, a veciñanza está invitada a asistir con disfraces deste tempo para vivir unha tarde noite de medo… e diversión con moita música.