Skip to main content
Muras

Comezaron en Muras as obras no colexio e a mellora da traída de auga a San Pedro

Por 28 Outubro, 2023Outubro 29th, 2023Sin comentarios

O Goberno local de Muras deu comezo ás obras de mellora do CEIP Antía Cal de Muras, logo de non conseguir o apoio da Xunta para acometer ditas obras. Estas consisten no amaño da cuberta e das baixantes ademais de mellorar os peches de fiestras e portas, entre outras necesidades.

Actualmente cursan estudos quince escolares de entre cero e once anos no colexio Antía Cal de Muras, de tal xeito que as familias poden escolarizar aos seus fillos e fillas no propio termo municipal.

O Concello de Muras tiña enviado á Consellería de Educación un informe no que daba conta dos problemas que ten o CEIP e reclamaba a mellora das mesmas.

Indicábase nese informe que hai un deterioro importante do tellado, con lousas soltas que teñen un perigo inminente de caída, de feito algunhas xa caeron. Hai tamén baixantes estragadas que provocan diferentes problemas no centro xa que moitas tamén están oxidadas.

O centro foi feito no ano 1987 e durante estes anos non se volveu a facer obra no mesmo, o único que se fai son parcheos e vese claramente que está deteriorado.

O dirixente nacionalista reclamaba “unha aportación para Muras porque temos a sensación de que temos que facelo todo nós”.

O Concello realizou tamén no centro unha serie de mellores na zona de Educación Infantil, xa que se pintou a aula e se lle deu un cambio de imaxe.

En anos anteriores o Concello fixo outras obras, como o cambio da caldeira para pellets e a adaptación dos baños.

Sen os investimentos do goberno municipal do BNG estes nenos e nenas terían que desprazarse ata Xermade, a 20 quilómetros da súa residencia, dificultando por exemplo a conciliación dos pais e nais.

TRAÍDA DE AUGA

Por outra banda, tamén deron comezo as obras de mellora da traída de auga na Costa de San Pedro.

A reparación consistirá no campo de tubaxe para evitar filtracións e mellorar o servizo.