Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Celebran en Outeiro de Rei unha xornada sobre alimentación animal con castañas

Por 15 Outubro, 2023Novembro 9th, 2023Sin comentarios

Outeiro de Rei acolle o próximo 21 de outubro unha xornada sobre o uso da fariña de castañas na alimentación animal.

A sesión terá lugar na casa da cultura de Outeiro de Rei. Dará comezo, de 10.30 a 11.30 coa charla Alimentación do porco con castaña (Castanea sativa Miller): Impacto sobre a calidade da carne e dos produtos cárnicos, a cargo de Noemí Echegaray Suárez, investigadora do CETECA, Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, e autora da tese doutoral Alimentación do “porco Celta” con castaña: Efecto sobre a vida útil, capacidade antioxidante e comportamento culinario da carne, da Universidade de Vigo.

A continuación, a partir das 11.30 horas falarase das castañas como complemento nutricional para alimentación de porcos celtas en réxime extensivo. Estará ao cargo de María Begoña de la Roza Delgado, de SERIDA. Doutora en Bioloxía, responsable do Programa de Valor Nutritivo.

Finalizará a sesión cunha charla de Pablo Antonio Fraga Gontán, técnico de CampoLab sobre o deseño de produtos alimenticios con base de castaña ata a revalorización de subprodutos da transformación da castaña.