Skip to main content
Comarca SARRIAXADeportes LUGOXADeportes SARRIAXADeportes TERRACHÁXALugoOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Continúa a segunda xornada da 45 edición do Rally San Froilán

Por 21 Outubro, 2023Sin comentarios

Autoridades provinciais e locais xunto á subdelegada do Goberno asistiron ao tradicional saúdo dos pilotos do Rally San Froilán na Praza Maior de Lugo, que amosou un ano máis a grande afección ao automobilismo na cidade e nas comarcas de Lugo.

Á diferenza de pasadas edicións, os equipos participantes pasaron pola Praza Maior despois de realizar, durante a tarde, a primeira pasada polos dous primeiros treitos do Rally, en Bonxe e en Guillar (Outeiro de Rei). O paso polo centro da cidade foi seguido por numeroso público.

Efrén Castro destacou a “alta participación de equipos lucenses, con máis de medio cento de pilotos das comarcas de Lugo, algún deles como Hugo Iglesias, gañador do Volante Deputación, debutando na competición” e animou “ás persoas afeccionadas ao motor a seguir a competición na xornada do sábado”.

Rubén Arroxo, pola súa parte, valorou “a oportunidade de disfrutar en pleno centro da cidade dunha das probas automobilísticas máis emblemáticas do calendario galego”.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, agradeceu á Escudaría Miño por organizar outro ano máis esta proba, na que participarán 143 pilotos de 36 escudarías distintas de Galicia e León.

Ademais, a subdelegada reiterou o seu apoio para que este evento se celebre con todas as medidas de seguridade necesarias, polo que as forzas e corpos de seguridade do Estado colaborarán co dispositivo artellado pola organización, coordinándose tamén coa policía local, protección civil e bombeiros, co obxectivo de que esta cita deportiva continúe sendo un imprescindible no calendario dos lucenses.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é a principal patrocinadora da proba, que continúa hoxe. Os pilotos volven aos treitos de Outeiro de Rei, e correrán tamén nos do Corgo, Láncara e Goián (Sarria).

Os oito tramos que quedaban da probar, percorréronse este sábado por Bonxe, Guillar, O Corgo, Láncara, O Páramo e Goián. Alberto Meira fíxose co podio seguido por Víctor Senra, que se converte no único sete veces campión do Campionato de Galicia de Rallis. Iago Caamaño faise co terceiro posto, mentres que Paco Dorado e Luis Vilariño ocupan a cuarta e quinta posición respectivamente na competición.