Skip to main content
As Pontes

A Casa do Mel de Goente convoca as Xornadas Apícolas do Eume para a Feira do Mel

Por 1 Outubro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

A Casa do Mel de Goente celebra unha nova edición das Xornadas Apícolas do Eume, que terán lugar o 7 e 8 de outubro e nas que serán a súa XXIV edición. Trátase dunha celebración especial xa que este ano a entidade celebra os seus 20 anos de vida.

As actividades comezarán o sábado ás 10.00 horas con tres conferencias, empezan cunha sobre as adulteración, residuos en cera de abella e as seas consecuencias; o papel do Consello Regulador IXP Mel de Galicia para o desenvolvemento da apicultura local e, a última, para falar dos futuros proxectos da Casa da mel e onde intervirán distintas entidades colaboradoras. Haberá un parón para xantar e, ás 16.30, horas haberá outra charla sobre a caracterización xenética da abella negra de Gran Canaria.

Por último, ás 18.00 horas, intervendrá Xosé María Bello para falar dos métodos para combatir a velutina. Desde a organización informan que para asistir ao xantar é necesario inscribirse no teléfono 661 003 316, antes do 2 de outubro.

O día 8 será a Feira do queixo e do mel en Goente, que xa chega á sua XIII edición. A cita ten como finalidade promocionar e exaltar os produtos da gastronomía pontesa así como dinamizar ou sector primario.

Nesta nova cita están previstos de novo obradoiros, música e diferentes actividades para animar a feira, centro da celebración.