
A compañía Rondalla Vila de As Pontes, coa colaboración do Concello das Pontes e a Deputación da Coruña, organiza o Festival de Rondallas, que vai ter lugar o sábado 7 de outubro ás 20.00 horas no cine Alovi.
No festival actuarán Rondalla de Mulleres Santa Uxía de Mandia, a Agrupación Musical Solvay e Rondalla vila de As Pontes.