Skip to main content
As Pontes

As Pontes celebra o domingo unha nova edición da Feira do queixo e o mel

Por 3 Outubro, 2023Sin comentarios

A parroquia pontesa de Goente acollerá o domingo, 8 de outubro, a XIII edición da Feira do Mel e o Queixo, unha proposta que ten como obxectivo poñer en valor dous dos produtos esenciais da gastronomía do municipio.

A cita, organizada polo Concello das Pontes, en colaboración coa Casa do Mel de Goente e Queixerías do Eume, ten como en edicións anteriores “dar a coñecer e poñer en valor os produtos locais agroalimentarios diferenciados así como fomentar o seu consumo sendo ademais unha unha oportunidade para que as persoas visitantes poidan apoiar, de forma directa, a un sector económico que comporta importantes oportunidades de desenvolvemento para o medio rural”.

A cita que ten como finalidade promocionar e exaltar os produtos da gastronomía pontesa así como dinamizar ou sector primario, comezará ás 10:00 horas, coa apertura dos postos de mel e queixo de produtores locais e chegados desde diferentes puntos da xeografía galega así como dos postos de artesanía e alimentación.

A partir das 12:00horascelebraranse dous talleres, un obradoiro infantil de cociña e outro obradoiro sobre hortos para abellas que terán continuidade a partir das 16:00 horas ata as 18:00 horas.

Ás 12:30 horas comezará unha degustación de petiscos elaborados a partir dos queixos de Eume e mel de Goente; unha proposta a través da que o Concello das Pontes quere poñer en valor a calidade, a versatilidade e as potencialidades do queixo e o mel local, por medio de diferentes degustacións.

Asemade habilitarase un servizo de comidas para o público asistente a través dunha pulpería e actuacións musicais, un espectáculo de xancudos e de malabrares amenizará a Feira do Queixo e o Mel ao longo de todo o día.