Skip to main content
As Pontes

Leticia Rey actúa este sábado nas Pontes

Por 12 Outubro, 2023Sin comentarios

A cantante e compositora galega Leticia Rey presentará cancións do seu disco de longa duración LuX editado en xuño do 2022, nas Pontes o próximo sábado 14 de outubro.

Trátase dun disco difícil de catalogar e que se move entre o jazz, o folke o pop.

A sesión terá lugar no auditorio cine Alovi, a partir das 20.00 horas e terá un prezo de 5 euros.

Este concerto está incluído no convenio coa Deputación de A Coruña Rede Cultural 2023.