Skip to main content
As Pontes

As Pontes inicia unha nova edición do programa de envellecemento activo

Por 21 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes iniciou esta semana unha nova edición do programa de envellecemento activo.

O programa, que se desenvolverá nas asociacións veciñais da Magdalena, San Pedro de Eume, Paraño, Saa, Goente, Marraxón e Vincallo ten como obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza máis maior do municipio, a través da realización de diversas actividades, permitindo que as persoas maiores da vila sigan sans e activas, evitando o seu deterioro físico e cognitivo así como o illamento ou a exclusión social.

“A través deste programa buscamos promover a función integradora e activa das persoas maiores na sociedade, a relación entre eles e a axuda mutua así como o mantemento da súa autonomía e independencia para mellorar a calidade de vida”, apunta Tania Pardo, concelleira de Benestar Social

As actividades desenvolveranse entre os meses de outubro de 2023 e marzo de 2024, un día á semana en cada asociación, durante unha hora e media e nelas participarán un total de 70 persoas maiores de 60 anos.
Entre as actividades que se levarán acabo destacan as actividades físicas dirixidas a mellorar a motricidade, o mantemento da autonomía e a prevención de caídas, todas elas centradas na persoa xa que “o exercicio físico mellora os efectos do envellecemento sobre a saúde psíquica e física e tamén mantén unha relación cun menor deterioro cognitivo, promovendo un mellor estado de ánimo” explica a concelleira de Benestar Social.

Por outra banda as actividades de estimulación cognitiva están orientadas a manter as capacidades cognitivas a medio, longo prazo atrasando o deterioro cognitivo e lévanse a cabo tanto de forma individual como grupal, sempre adaptadas ás capacidades e intereses dos diferentes grupos, destacando os exercicios de memoria, atención, asociación, cálculo ou linguaxe.