Skip to main content
Vilalba

O Iescha proxecta o día 8 o film ‘No somos nada’

Por 1 Outubro, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental No somos nada, de Javier Corcuera, continuando así coa programación do Ciclo Mestre Mateo que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI Premios Mestre Mateo.

Esta quinta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 8 de outubro, ás 20:00 horas.

Tras anos de silencio, a lexendaria banda vasca La Polla Records regresa aos escenarios por sorpresa. Evaristo Páramos, o seu carismático vocalista, anúnciao en roda de prensa. Os seus miles de seguidores corren a voz e prepáranse para o acontecemento. Evaristo fai memoria desde a súa pel de punk aldeán. O seu relato enrédase con cancións, fotografías, fragmentos de animación e vellos vídeos da banda. Mil e un concertos quedan no recordo.