Skip to main content
Vilalba

Vilapedre organiza a primeira Festa do Bo Xantar

Por 12 Outubro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños de Vilapedre organiza para o próximo 21 de outubro a primeira edición da Festa do Bo Xantar que se fundamentará nun xantar.

Este consisitirá en callos, poblo á feira, cachelos, bebida, sobremesa, café e chupito a un prezo de 30 euros con nenos gratis ata os 6 anos e de 6 a 12 a 15 euros.

A venda de tickets para esta comida xa está en marcha e poden adquirirse no restaurante O Paso, parrillada O’Adro, bar A Pereira e cos membros da asociación. A data límite é o 16 de este mes.

Pero ademais da comida haberá outras actividades. Así, ás 14.00 está programada unha sesión vermú co dúo K’Os e, pola tarde, haberá música, sorteos e agasallos.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.