Skip to main content
Vilalba

Vilalba prepárase para un completo Samaín

Por 12 Outubro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

Vilalba conta xa con programa e Samaín. O Concello fixo público na xornada de onte o programa, que contará coa participación de Mediarea, Quinkillada, Escola Municipal de Teatro e a Coral Polifónica Vilalbesa.

As celebracións darán comezo o 30 de outubro e se prolongará ata o 1 de novembro comezando o luns cun space romm para nenos de 5 a 8 anos na biblioteca a cargo de alumnos da Escola Municipal de Teatro. O primeiro pase será de 17.00 a 18.00 horas e o segundo de 18.30 a 19.30. Ao día seguinte esta mesma actividade celebrarase co mesmo horario pero para menos maiores de 9 anos.

As persoas que desexen inscribirse poden facelo por whatsapp ou por teléfono no 626 399 329 ata o 18 de outubro.

Pola tarde terán lugar os pasarrúas en formato Santa Compaña con saída desde a biblioteca a cargo da Coral Polifónica de Vilalba ata a praza da Constitución onde terán lugar os concertos, ás 21.00 horas a cargo de Mediarea e Quinkillada.

A veciñanza está convacada a participar caracterizada ao estilo da Galicia de principios de século XX, cando a cor predominante era o negro que, xunto ao gris e o branco, enchían os roupeiros de saias, mandís e panos para a cabeza.

Polo Samaín festexábase o cambio de tempada de colleita e tallábanse as cabazas para convertilas en candís.

Finalizarán o programa do concurso de cabazas e o pase do terror ademais dun magosto. Todo isto terá lugar entre as 12.00 e as 18.00 horas na praza da Constitución.