Skip to main content
Vilalba

‘O Corno’ proxectarase o venres no auditorio de Vilalba

Por 15 Outubro, 2023Sin comentarios

O venres 20 de outubro de 2023, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos
Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine galego coa longametraxe O Corno, da directora Jaione Camborda.

Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva de entradas online na páxina do Concello https://entradasvilalba.es e, ademais, de xeito excepcional, aboar a cantidade de 3,00 € (cantidade que vai destinada á distribuidora do film). Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.

Illa de Arousa, 1971. María é mariscadora pero tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos con especial adicación e coidado. Despois dun inesperado suceso, María vése obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que lle fará loitar pola súa supervivencia. Na procura da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.