Skip to main content
Vilalba

Insua prepárase para unha nova edición da Tasca do Liño o 28

Por 17 Outubro, 2023Novembro 9th, 2023Sin comentarios

A Tasca do Liño continúa a súa tradición este ano para celebrar a que será a súa edición número XV o 28 de outubro, organizada, coma sempre, pola Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomé de Insua.

Ese sábado, o programa abrirá co pregón do mestre, escritor e activista cultural lucense Mario Outeiro, ás 11.15 horas. O prato forte do día, a demostración da Tasca terá lugar ás 12.00 horas, que rematará coa actuación de Pablo Carpinteiro, antes do xantar, do que se ocupará o Food Truck AleAlé.

Ás 16.00 horas arrancarán as sesións de tarde co obradoiro de torno cerámica a cargo de Cenizas de Papel e o concerto de Buxos Verdes.

Continuará a programación cunha degustación de Cacho logo dunha nova demostración da Tasca do Liño, ás 17.30 horas. Completará a sesión a actuación musical de Tiruleque. A festa rematará co conxuro da queimada a cargo de Manuel Ferreiro.

Como vén sendo tradicional, durante a xornada haberá postos artesáns e varias mostras de artesanía en vivo, ademais dunha mostra de cerámica galega do Centro de Artesanía e Deseño.

Como complemento, durante todo o día haberá degustación de cervexa artesá AleAlé ademais de sinaturas de libros a cargo de Cristian F. Caruncho e Miriam Fernández.