Skip to main content
Vilalba

A veciñanza de Sancovade organiza o sábado 28 un magosto

Por 18 Outubro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade, en Vilalba, organiza na Frouxeira unha festa de Magosto este sábado, 28 de outubro, que terá lugar a partir das 20.30 horas.

Na sesión, a ademais de castañas, haberá liscos, chourizos, queixo, chocolate e queimada. Será gratis para os socios e os non socios deberán pagar 5 euros.