Skip to main content
Vilalba

Imparten en Árbol unha clase de danju

Por 19 Outubro, 2023Sin comentarios

A asociación veciñal de Árbol, en colaboración coa Asociación Galega de Taekwondo Tradicional celebrará hoxer, 19 de outubro, nesta parroquia vilalbesa unha clase informativa e demostración gratuíta de danju, unha modalidade de ximnasia específica para maiores.

Esta terá lugar na Escola do Santo, ás 19.30 horas e os interesados en asistir deberán inscribirse previamente no 652 710 392.

O danju, que non traballo no chan, está especialmente dirixido a persoas con problemas vinculados ao aparato locomotor como hernia, osteoporose, problemas na columna, sobrepeso ou dores de xeonllos e brazos.

O danju é unha disciplina evolucionada do método Pilates, deseñada para facela factible a todas as condicións físiccas, independentemente da idade, o estado físico, etc.