Skip to main content
Vilalba

Serra da Carba organiza este sábado unha nova xornada apícola

Por 20 Outubro, 2023Sin comentarios

A asociación de apicultores Serra da Carba de Vilalba organiza este sábado, 21 de outubro, unha nova xornada sobre apicultura, que acada súa quinta edición.

Esta sesión terá lugar pola mañá dividida en dúas partes que se desenvolverán na escola da Pedragosa, en San Simón da Costa. Ás 9.30 horas haberá unha cata de meles locais e ás 11.00 horas haberá unha charla coloquio sobre apicultura ecolóxica a cargo de Jaume Cambra, profesor na Universidade de Barcelona.