Skip to main content
Vilalba

Renda reuniuse con veciños de Román

Por 20 Outubro, 2023Sin comentarios

O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais no Concello de Vilalba, Modesto Renda, vén de convocar ós veciños e veciñas de Román a unha reunión na Casa Escola.

Fixada para este domingo 22 de outubro ás 11:45h, o obxectivo do tenente de alcalde é explicar e contrastar con eles as vindeiras actuacións do Concello na parroquia e recoller todas as súas demandas e suxestións.