Skip to main content
Vilalba

A localidade de Corbelle acolle a presentación do libro de Diana Aradas

Por 26 Outubro, 2023Sin comentarios

A casa escola de Corbelle, en Vilalba, acolle a presentación do libro Una madre, de Diana Aradas, que obtivo o premio de novela da Universidade de Sevilla.

Este acto está organizado pola asociación veciñal e conta coa presentación da periodista Rocío Cortés Galdo. Terá lugar ás 2o.00 horas deste venres 27.

Una madre presenta a historia de Emiliana, unha moza que, excesivamente vixiada pola súa familia, procura sen éxito evitar ese control ao que se ve sometida. A situación complícase cando a protagonista descobre que está embarazada e exponse á fuxida do fogar familiar. Primeiro, en pos do suposto pai da criatura; despois, en busca do propio bebé, que desapareceu. Desde un inicio a rapariga loitará sen descanso por abandonar o pechado círculo familiar que a acurrala.