Skip to main content
Xermade

Cazás, en Xermade, estará de festas o 14 e 15 deste mes

Por 9 Outubro, 2023Outubro 18th, 2023Sin comentarios

A parroquia de Cazás, en colaboración co Concello de Xermade, estará de festas a fin de semana do 14 e 15 de outubro na honra á Divina pastora.

A xornada festiva dará comezo o sábado ás 13.00 horas coa misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Costa Dorada que, ademais será a encargada de amenizar a gran verbena das 22.30 horas xunto a D’Vicio.

O domingo, a sesión relixiosa será á mesma hora, con misa e procesión; seguida dunha sesión vermú fin de festa, amenizada polo dúo Venus.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.